Yuan Chen

Paranoias electorais

In Random on May 23, 2007 at 2:47 pm

Estou a ler agora esto a propaganda que recibín de todos os partidos, e como non estou demasiado interesado na política, só vou comentar algunhas cousas que me fixeron bastante graza.

BNG, carta de Santi Domínguez:

“[…] porque a xente que vote Santi Domínguez estará votando por min e non por ningún outro candidato […]”

Suponse ben que se te votamos por ti meu Santi,  non votaremos por ninguén outro, ou é que tes problemas de personalidade… Hmm.

PG,  carta de Manoel Soto Ferreiro:

“[…] as continuas loitas partidistas entre PSOE e BNG déronlle a Alcaldía ó PP[…]”

“E pola banda do PP, en lugar de traballar arreo por Vigo dedicáronse a facer electoralismo […]”

Botarlle a culpa a outros é moi doado, pero se o PP gañou, será por algo, sexa polas súas propostas, sexa pola xente que votou.  Nunca me gustou o de atacar os demais para o beneficio propio, no canto de mellorar un.

PP, carta de Corina Porro:

Propostas moi interesantes, coma a de Wi-Fi municipal, o milleiro de euros para ao 1º fillo nado, pero realmente será posible cumprir? Notamos mellora desde que o PP está no poder en Vigo?

PSOE, carta de Abel Caballero:

O mesmo que o PP, propostas interesantes, pero quizais non alcanzables.

A verdade, é que todos os partidos din o mesmo, prometen e ás veces cumpren, e a gran maioría das veces non. Sen embargo, só dicir que desde que o PSOE está en Galiza,  non quero dicir todo, pero polo menos a educación ten claramente moitas melloras. Libros de textos gratuítos até 4º ESO, axudas para a compra dun ordenador, unha morea de becas para viaxar o estranxeiro, wifi nas aulas (aínda que de momento é algo inútil), etc.

Leave a comment